Setenza do contencioso administrativo

Una ‘caja negra’ en cada coche
19/04/2016
Show all

Quería empezar esta carta cunha pregunta que nen sequera necesita resposta. Cántos condutores estarían dispostos a presentar un Recurso Contencioso Administrativo por 56 € ?

Posiblemente non moitos, pero polo menos uno si que hai e, ademais, o xulgado deulle a razón.

Cóntolles a Historia:

O xulgado do contencioso administrativo número 1 de Cádiz ditou unha sentenza firme na que anula unha multa de tráfico de 56€, que foi imposta a un veciño desta cidade por circular por unha zona supostamente restrinxida na capital granadina.

O concello de Granada aporta como única proba un fotografía sacada cunha cámara fixa pero a resolución da xuíza di que esta evidencia por si soa non basta para condear e, por conseguinte, anula a multa.

Está claro que o diñeiro é importante, pero a dignidade, o orgullo e a honradez non teñen prezo, polo menos para este condutor que non podía entender que debía pagar por unha infracción que non cometera. Este condutor tampouco quixo ese agasallo envenenado do 50 % que che dan se calas e pagas. Armándose de valor, recorreu á xustiza. Para iso tivo que contratar un avogado, un procurador e pagar as taxas xudiciais que naquel momento aínda estaban en vigor, pero non lle importou; puido máis o valor que a submisión.

A sentenza lembra que o afectado negou o feito dende o primeiro momento, e parece que con notable vehemencia, que houbese incurrido en calquera irregularidade; mentres que o Concello de Granada non se tomou tan a peito a defensa dos seus intereses e limitouse a presentar a fotografía da suposta infracción. Demasiado pouco para tumbar o dereito á presunción de inocencia do denunciado, argumenta a maxistrada. «En definitiva, ante tal circunstancia de negación rotunda dos feitos desde un principio polo demandante, suscítase un problema de valoración de proba que ha de resolverse, necesariamente, a favor do recurrente, a quen lle asiste o dereito fundamental a ser presumido inocente, tal e como consagra o artigo 24.2 da Constitución Española», di o fallo xudicial.

A sentenza engade que o único elemento de cargo contra o condutor consiste na captación de imaxe «sen desenvolverse en sé xudicial pola Administración proba de cargo algunha, (os representantes do Consistorio granadino nin sequera acudiron á vista) nin presentado ningún elemento de demostración suficiente de tales feitos. Non pode dicirse -engade- que queden plenamente probados os feitos denunciados, debendo prevalecer a presunción de inocencia do administrado».

A xuíza vén dicir que a fotografía en si non indica nada. Debería ir acompañada dun informe co tipo de sinal que era, o que realmente prohibía, onde estaba colocada e a súa vixencia. A modo de exemplo podería indicar: “Prohibida a entrada a vehículos agrícolas ou calquera outra”. Tamén reclama a sentenza que non se argumenta a prohibición. A ordenanza municipal non só debe prohibir senón xustificar por que.

Quizais a cultura que nos ensinaron e a de pagar e calar, pero cada vez hai mais conductores que recorren á xustiza porque non están dispostos a pasar por isto, ainda que lle custe tempo, cartos, e algún que outro contratempo.

 

Maximino Pérez Abuín.